top of page

Sendeiro da Poza da Moura

DESCRICIÓN: Este sendeiro sinalizado sorprende pola súa contorna natural malia desenrolarse nunha zona de proximidade ao hábitat humano. 

Podemos comezalo na igrexa de San Pedro, ao carón da estrada que une Domaio con Moaña e logo de andar uns 150 metros polo asfalto xa nos metemos por camiños. Pasamos polo muíño de cubo de Fondón e subimos pola costa de Verdeal, vendo as primeiras fervenzas do rego Miñouva. Unha vez que atrevesedes a vía rápida, tende coidado ao chegar a un cruzamento: subide pola dereita para ver uns fermosos muíños de cubo e a poza da Moura, nun lugar con vistas panorámicas a ría de Vigo. 

Volvemos atrás dando unha pequena volta ata o cruzamento que citei antes e entón collemos o camiño da dereita, pasando por debaixo da urbanización Golf Domaio e pronto acadamos o rego da Freixa, que vai ser o fío condutor da baixada. A frondosidade do bosque de ribeira fáinos esquecer donde estamos e comeza unha sucesión de vellos muíños. Atravesamos a vía rápida de novo, agora por un túnel e tomade o camiño da dereita que vos achega de novo ao rego da Freixa. No barrio de Palmás atopámonos cun área de lecer, con súa fonte, e coa ermita de San Bieito. Xa preto da estrada a Moaña o sendeiro atópase un pouco cegado polo mato; vos continuade sempre procurando as beiras do rego da Freixa. Chegados a estrada a Moaña, imos cara o porto de Domaio e proseguimos pola beira marítima ata acadar o punto de comezo.

DIFICULTADE: Fácil

DURACIÓN: 7,35 km

Costa de Tirán

Sendeiro de Rialdarca

DIFICULTADE: FÁCIL

DURACIÓN: 3Km

DESCRICIÓN: Unha ruta lineal e fácil, de 3 km, que sigue o curso do rego de Rialdarca, entre a Igrexa do Carme, no centro da vila de Moaña, e a estrada PO-313 Marín - Moaña. 

Metémonos pola Travesía Xogo da Bola e ao trinta metros collemos un carreiro entre hortas e que acada a ribeira do rego de Rialdarca. Veremos o muíño da Xeira e un lavadoiro soterrado, preto dunha pequena fervenza, e augas arriba o muíño de Vázquez. 

A vexetación e arboreda é abondosa e atravesamos o regato dunha a outra beira por dúas pontellas. O seguinte muíño é o de Trigo e formando conxunto temos a fonte e o lavadoiro de Rialdarca. Seguimos acompañando ao rego e a uns cincuenta metros facemos un pequeno desvío a dereita para chegar a fonte do Cano. 

Retomamos as marxes do rego e, un pouco máis adiante, pasamos polo muíño de Pereira e o vindeiro será o de Sanchelán, coa súa canle que alimenta o cubo. 

Acadada a estrada que une Moaña con Marín, baixamos pola estrada e enseguida entramos polas rúas, volvendo ao momento de partida paseando entre ruas típicas.

Sendeiro do Río da Fraga,  Chan de Arquiña e Torre de Meira

DIFICULTADE: MODERADA

DURACIÓN: 20,29Km

DESCRICIÓN: Esta ruta é espectacular, e se atopa en moi boas condicións para o senderista. Transcorre en boa parte do seu percorrido polas terras de Moaña regadas polo Río dá Fraga, un regato que nace no Monte Xaxán, un dos mais caudalosos do Morrazo e que tamén é coñecido como Río Dos Ladróns. Ao longo da súa canle, nunha e outra beira, irán aparecendo figuras de muíños, moitos dos cales xa non funcionan pero que contribúen á beleza da senda. O camiño vai serpeando co regato que nos ofrece diferentes estampas. Xa tranquilo e repousado, xa embravecido en rápidos e caídas de auga...pero destacan sobre todo as diferentes pozas que iredes atopando e que en épocas calorosas poderedes aproveitar para darvos un mergullo. E, sobre todo, non deixedes de achegarvos a contemplar as dúas fervenzas que o seu leito forma xogando cos desniveis que nel atopa. A primeira é bonita, pero eu resalto sobre todo a segunda, case unha descoñecida, pero que é unha auténtica marabilla deslizándose cal cola de cabalo montaña abaixo, nunha contorna realmente fantástica. Para cruzar de beira a beira, neste percorrido hai imnumerables pasarelas e pontes de madeira que facilitan a trasfega. Atoparédesvos elementos arbóreos propios de ribeira, alisos, bidueiros, fresnos, salgueiros, pero tamén o autóctono carballo. 

E, deixando atrás A Fraga, dirixímonos, ascendendo, cara a Chan dá Arquiña. Alí o dolmen, xoia das crenzas dos nosos devanceiros prehistóricos, saúdanos tranquilo e repousado. 
Xa descendendo, iremos obtendo diferentes visións da Ría de Pontevedra e a Illa de Ons por unha banda. Polo outro, A Ría de Vigo, coa silueta das Illas Cíes na súa bocana. E, sen dúbida, non podedes perdervos A visita á Torre de Meira, auténtico miradoiro sobre Moaña e a Ría De Vigo que tamén atoparedes nesta camiñada. 

DESCRICIÓN: Este fácil percorrido sinalizado comezámolo no porto e praia do Con, en Moaña. A poucos metros parámonos no miradoiro do Fiunchal para contemplar a ría de Vigo e seguimos paralelos a costa por un camiño que leva ata a praia Río da Ribeira. 
Atopámonos no noso camiño coa igrexa de San Xoán Bautista, que conserva a portada e outros elementos románicos e no seu átrio está o panteón do escritor Xosé María Castroviejo. Na mesma zona, na praia por debaixo do cemiterio existe un oco natural chamado a Cova da londra, a cuxo arredor hai algunha lenda. 
O seguinte punto do noso paseo e o miradoiro da Mona, por riba do areal de igual nome. Continuamos pola praia ata outra, a de Videiral e logo segue outra máis, a do Niño do corvo. 
Afastámonos un chisco da costa por un camiño forestal no monte Ramil e volvemos a ribeira para ver as pouco frecuentes "rochas vauneritas", que foron formadas por unha mestura de magmas, con naturezas básicas e outras ácidas. 
Desde a praia do Canaval só nos resta subir para acadar a estrada que une Moaña con Cangas, onde remata o paseo.

DIFICULTADE: FÁCIL

DURACIÓN: 3Km

DIFICULTADE: 

DURACIÓN: 

Camiño Real (Moaña-Cangas)

A principios do ano 2014, un grupo de arquitectos locais e a Asociación de Veciños de Tirán propoñen unha serie de actuacións para recuperar o vello Camiño Realque une as dúas vilas. Rexeitan o proxecto de ampliación da estrada para facilitar a circulación de vehículos de motor. Máis información no seguinte enlace http://praza.gal/movementos-sociais/6550/de-cangas-a-moana-vou-a-pe/

​

Este é o vídeo spot co que reclaman a Vía Segura Cangas-Moaña

bottom of page