top of page

DOLMEN DE CHAN DE ARQUIÑA

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...)


Concello: Moaña / Morrazo (comarca) 
 

Parroquia: Domaio 
 

Lugar: entre os cumes de Domaio e Xaxán, a unha altura de 548m
 

Cronoloxía: Neolítico
 

Descrición: O Chan da Arquiña está situado a unha altitude considerable, uns 500 m sobre o nivel do mar, ó pé do Xaxán, nunha zona chaira que en Galicia denomínase como "chan". É un monumento funerario que se construiu fai máis de cinco milenios.

O dolmen do Chan da Arquiña está moi enterrado na súa mámoa ovalada. Consérvase en moi bo estado, ainda que é problable que teña sufrido alteracións ao longo da súa historia, sobre todo debido a expoliaciones indebidas provocadas polos buscadores de tesouros.

Presenta unha tipoloxía típica: cámara poligonal e corredor orientado cara o leste. A anta componse de 11 pedras verticais na cámara e 5 no corredor. A cámara está recuberta por unha tampa e catro lousas cobren o corredor. No interior hai restos de ocre, o que pode indicar houbo pinturas. Hai que lembrar que os antepasados cubrían estes entrerramentos pétreos con terra, dando lugar á forma característica de mama, de onde provén o nome de "mámoa". A particularidade deste dolmen é que presenta un corredor incipiente; é dicir, que non se sabe se é un corredor ou unha segunda cámara, para facer ofrendas. Nas escavacións dos anos 50, levadas a cabo por Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza atopáronse restos dun enxoval funerario composto por utís de pedra e restos de cerámica, de vaso campaniforme, e outros materiais como machadas e coitelos.

O dolmen atópase nunha área de recreo moi ben coidada, cun souto, mesas para comer, etc. Pero o perigo é que non hai a suficiente separación entre o dolmen e as mesas e grellas. Deste xeito réstaselle importancia ó xacemento, co perigo de que os rapaces salten enriba del. Dá a impresión de que é unha grella máis.

CHOCO MOAÑA

PAZO DO CON

MONUMENTO AO EMIGRANTE

PEDRA DA PENA

PEDRA DA SERPE

Descrición: Pedra de granito exenta (90x80 cms), cáseque esférica con grabado serpentiforme, pero sen varias cazoletas, ao contrario do que di a bibliografía.

O petróglifo consiste nunha liña ondulante cunha coviña nun dos seus extremos.

Atópase ao pé da capela adicada á Virxe dos Remedios, noutrora chamada a Virxe do Castro (século XVII), xa que está asentada sobre un xacemento castrexo. Este asentamento - o Castro dos Remedios- sitúase na parroquia de Tirán, concello de Moaña (Pontevedra).

As crónicas orais relatan que o emprazamento orixinal desta pedra era outro, pero sería trasladada máis tarde ao carón da igrexa e fixada a un soporte de cemento. Malia todo isto, a existencia deste petróglifo deu lugar á formación de moitas lendas - case todas ambientadas na noite de San Xoán- que na realidade son variacións unhas doutras.

 

Modelo realizado por Antón Santos, alumno de TIC I de 1º bach.B

TORRE DE MEIRA

Descrición: A Torre de Meira foi unha construción situada nun promontorio de 92 m2, situado a 140 m de altitude. O que hoxe en día podemos ver neste lugar son os cimentos moi alterados dunha construción de época medieval situados a uns 140 metros de altitude. O conxunto, escavado no ano 1976, estaba composto dunha torre de vixilancia de sección cadrada de 5,9 x 7 metros feita a base de cadeirado granítico, un patio de armas, unha muralla e un foxo.

A Torre de Meira pertenceu ás casas nobiliarias de Meira e Valadares. A súa ocupación data do século XV. A metade da Torre foi derrubada durante as segundas Guerras Irmandiñas (1467-1469). Finalmente sería destruída ata a base no ano 1476 polo señor feudal Pedro Álvarez de Soutomaior (Pedro Madruga).

No lugar atopouse material cerámico, metálico e osos, todos eles depositados no Museo de Pontevedra.

 

O modelo foi realizado por Uxía Riobó, alumna de TIC I de 1º bach.A

IGREXA DE TIRÁN

IGREXA DE TIRÁN (MOAÑA) - É unha igrexa parroquial de estilo románico consagrada a San Xoan, e o seu material é de pedra. Construíuse entre os últimos anos do século XII e principios do século XIII. O arco da fachada principal é algo punzante. Ten tres arquivoltas que descansan sobre tres columnas a cada beira. Os capiteis teñen motivos vexetais. A fachada sur ten duas saeteras e unha porta con un arco punzante. 

Sitúase ao borde dun pequeno cantil sobre a ría ao lado da praia do río da Ribeira. Devandito cantil está horadado polas rompientes do mar, que forman varias covas de varios metros de lonxitude baixo a igrexa (como a Cova dá Lontra).


O modelo foi realizado pola alumna de TIC I, Ariadna Agra Currás, de 1º bach.B

bottom of page