PROXECTO MOAÑA 3D
MOAÑA 3D é unha iniciativa educativa, interdisciplinar e creativa que pretende concienciar, formar, divulgar e valorizar a paisaxe do noso concello, identificando os seus elementos constitutivos, a diversidade, o valor cultural e o simbólico, a través da virtualización de determinados elementos naturais, culturais, artísticos, etc.
Entendemos que a paisaxe é algo vivo, en constante cambio tanto polo paso do tempo como polas acción que levamos a cabo os humáns e que é necesario estudiar, protexer e divulgar o porqué dos seus elementos para saber cómo actuar sobre o mesmo e desenvolver unha actitude responsable no marco da sustentabilidade.
Para iso buscamos potenciar o traballo en equipo e a iniciativa persoal, coordinando distintos departamentos Economía, Plástica, Xeografía e Historia, Bioloxía, Lengua Castellana, Filosofía, Normalización Lingüística, Lingua Galega, Matemáticas, Orientación e Biblioteca, e combinando tarefas entre todos os niveis educativos da ESO e Bacharelato.
O noso punto de partida é a investigación sobre os elementos constitutivos da paisaxe de Moaña, no que participa toda a comunidade escolar e local (alumnado, profesorado, pais, veciños, asociacións, Concello de Moaña, e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a través do Instituto de Estudos do Territorio).
Posteriormente, seleccionamos determinados elementos naturais, culturais, artísticos, etc para o seu estudo en profundidade, en función dos nosos recursos, e comenzamos a traballar nas técnicas de virtualización. Para iso, contactamos con Eloy Martínez Soto, historiador, arqueólogo e experto no campo da virtualización patrimonial en 3D, que nos impartiu no primeiro trimestre, un Obradoiro de Introducción á Fotogrametría Dixital, dirixido ao profesorado e ao alumnado de TIC de 1º bacharelato, co fin de que estes formasen posteriormente aos seus compañeiros.
Tamén elaboramos arquivos fotográficos, recompilamos informacións publicadas e propoñemos diversas rutas de sendeirismo e percorridos urbanos co fin de potenciar Moaña como destino turístico sustentable.
Esta páxina ainda está en obras, xa que tiñamos moitos proxectos en marcha neste curso escolar, e faltan moitos traballos por subir, pero pretende ser un punto de partida para continuar no seguinte, dentro da liña de "Paisaxe e sustentabilidade" do Plan Proxecta da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
Profesora: María José Soto
IES AS BARXAS - MOAÑA